Máis de 16.000 espectadores en Culturgal
A edición de 2026 potenciará que Culturgal teña máis presenza…
Faia Díaz, A Pedreira e Felisa Segade representan tres formas diferentes de entender e interpretar a canción galega, tres sensibilidades artísticas que se xuntan este venres por primeira vez no Culturgal de Pontevedra (21:00 horas no Pazo da Cultura).
“Xuntámonos nunha triada, un concerto no que Faia Díaz e Felisa Segade revisitan as cancións tradicionais galegas e eu vou coas cancións de ‘Basal’, que beben de ingredentes do patrimonio inmaterial noso e doutros lugares”, asegura A Pedreira.
No caso de Faia Díaz, “será unha gran ocasión para escoitar as cancións de ‘Alvela’”, un traballo no que profundiza na súa exploración da música tradicional galega desde unha perspectiva contemporánea e moi persoal.
O espectáculo de Felisa Segade “non deixará a ninguén indiferente”, coa súa visión da música tradicional galega, sempre desde o respecto pero á vez buscando “camiños diferentes aos habituais” cos que conectar co público.
As entradas para esta noite tan especial poden comprarse por só 10 euros en www.cultur.gal.
A música gaña este ano protagonismo no gran festival das culturas galegas, que se celebra desde este venres 28 ao domingo 30 no Pazo da Cultura de Pontevedra.
A edición de 2026 potenciará que Culturgal teña máis presenza…
E hoxe sábado... Chévere, Magín Blanco, Touriñán, Suso de Toro...
Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra
Desenvolvido pola boutique de comunicación, márketing e visitas virtuais e experiencias Orestes Comunica.