Propostas de programación para Culturgal 2026
A Feira abriu un prazo para presentalas ata o 31…
A última aventura da Nena e o Grilo de Magín Blanco será o próximo domingo 1 de decembro, ás 12:15 horas no auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra.
‘A Nena e o Grilo camiño das cores’ é a cuarta e última entrega deste espectáculo, o músical infantil máis aclamado na escena galega nos últimos 15 anos.
Chegará ao Culturgal para estrear a súa xira de despedida da man de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos.
As entradas xa están á venda desde 3 euros con importantes descontos por compra anticipada en cultur.gal.
Unha viaxe intrépida que a nena e o grilo percorrerán da man ata o mellor destino posible, o País das Apertas. Montse Piñón será de novo ‘A nena’ e Pepablo Patinho ‘O Grilo’.
Un espectáculo para toda a familia na última xornada do Culturgal, que será do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
A edición de 2026 potenciará que Culturgal teña máis presenza…