Leilía dá a despedida en Culturgal

A banda actúa na Feira das Culturas Galegas o 2 de decembro.

Leilía dará a despedida en Culturgal. A Feira das Culturas Galegas ofrecerá un dos últimos concertos da histórica banda galega o sábado 2 de decembro ás 21h no Auditorio do Pazo da Cultura (Pontevedra). Esta actuación será dos eventos centrais da 16ª edición de Culturgal, que se avanza cargada de actividades diversas e representativas da variedade das culturas galegas. 

As pandeireteiras Ana Rodríguez, Rosario Rodríguez, Montse Rivera, Felisa Segade, Patricia Segade e Mercedes Rodríguez encetan o tramo final da súa xira de despedida, ‘Anque me vou non me vou’, tras máis de tres décadas sobre os palcos. Para dicir adeus como se merece, Leilía ofrece un espectáculo que percorre a súa traxectoria, que é tamén unha andaina pola nosa historia musical, pero vista cos ollos do ano 2023.

Desde os seus comezos en 1989, as artistas viviron de primeira man, comopioneiras do novo folk galego, a transformación na situación da música de tradición oral do país. De patrimonio fráxil en esmorecemento, o traballo de recuperación e dignificación de bandas como Leilía foi esencial para darlle a categoría que agora ten o noso tradi. A boa saúde da que goza hoxe, co éxito de bandas como Tanxugueiras, Fillas de Cassandra ou Baiuca, non sería imaxinable sen o camiño que abriron artistas como Leilía.  

Culturgal reivindica este legado vivo cunha das últimas oportunidades para ver a agrupación en directo. As entradas para o concerto terán un prezo de 16 euros online e 19 euros en taquilla, dando ademais acceso ao resto da Feira ese día. Xa poden adquirirse a través da web de cultur.gal, no apartado ENTRADAS.

Outras novas...

Culturgal Expandido en Muros do 16 ao 18 de outubro
07Out

Culturgal Expandido en Muros do 16 ao 18 de outubro

O mercado municipal acollerá un programa gratuíto coa presenza de…

Propostas de programación para Culturgal 2026
22Xul

Propostas de programación para Culturgal 2026

A Feira abriu un prazo para presentalas ata o 31…

Culturgal abre o prazo para a reserva de postos na feira
17Xul

Culturgal abre o prazo para a reserva de postos na…

Desde o lunes 20 de xullo ás 11:00 horas. Os…