Culturgal abre o prazo para a reserva de postos na feira

Desde o lunes 20 de xullo ás 11:00 horas. Os prezos subirán un 25% o 1 de setembro.

O Culturgal 2026 abre o próximo luns 20 de xullo ás 11:00 horas o prazo no que se poden solicitar os postos. A feira celebrarase entre o 27 e o 29 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

A Feira das Culturas Galegas abre ata o 31 de agosto un primeiro prazo de solicitude de postos. Posteriormente haberá un segundo prazo, do 1 ao 15 de setembro, cun incremento dos prezos do 25%.

Os postos outorgaranse por orde de chegada das solicitudes e a reserva debe facerse a través da web cultur.gal (na zona de Profesional/Expositores). Os participantes en edicións anteriores poden acceder coa mesma conta.

O proceso de solicitude é moi sinxelo e, como novidade, poderase seleccionar o stand directamente sobre o plano, facendo clic no espazo desexado.

No caso dos stands de artesanía, terán preferencia os traballos artesanais directamente relacionados co mundo cultural. As persoas interesadas deberán pedir o posto escribindo a stands@culturgal.com.

A arte contemporánea contará co seu lugar en Culturgal no espazo expositivo do Pazo da Cultural. As persoas interesadas en participar poden solicitalo no enderezo espazoarte@culturgal.com.

Outras novas...

Propostas de programación para Culturgal 2026
22Xul

Propostas de programación para Culturgal 2026

A Feira abriu un prazo para presentalas ata o 31…

Culturgal abre o prazo para a reserva de postos na feira
17Xul

Culturgal abre o prazo para a reserva de postos na…

Desde o lunes 20 de xullo ás 11:00 horas. Os…

Máis de 16.000 espectadores en Culturgal
01Dec

Máis de 16.000 espectadores en Culturgal

A edición de 2026 potenciará que Culturgal teña máis presenza…