Propostas de programación para Culturgal 2026
A Feira abriu un prazo para presentalas ata o 31…
Culturgal acolle dentro da súa programación un espazo profesional que forma parte de MATE.
MATE ten como obxectivo debatir no Culturgal sobre os desafíos das industrias culturais e creativas, ademais da relación entre Galicia e Portugal, despois do seu paso polo Festival Maré.
Os workshops de MATE en Culturgal tratarán o venres temas como ‘Cultura e música: conflito e dereito polo ben común”, con Dani Granados, ou a repercusión da revolución tecnolóxica da Intelixencia Artificial na industria audiovisual, con Iván López Gimeno.
Haberá tamén ‘Sesión Bravú XXX’ con Xurxo Souto, e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, exporá os avances do proxecto Memoria dixital de Galicia.
O sábado, obradoiro de danza impartido por Artur Puga, e mesa redonda ‘Galicia / Portugal. Relacións culturais internacionais ou domésticas?’, con Gonzalo Constenla, director da EOI Santiago; Francisco Macías, editor de Edicións Positivas, e Susana Álvarez Martínez, do Conselho da Associaçón Galega da Lingua (AGAL), entidade observadora consultiva da Comunidade de Países de Língua Oficial Portuguesa (CPLP).
Tamén o sábado, ponencia ‘Relacións culturais internacionais ou domésticas? Sesión 2’, con MJ Pérez, de ‘Lá para cá’, programa de música galego/portuguesa da Radio Galega, e Zé Paredes, dramaturgo.
O domingo, ‘Xornalismo cultural de proximidade’, con Belén López e Susana Pedreira.
Podes consultar o programa completo e os horarios neste link
A edición de 2026 potenciará que Culturgal teña máis presenza…