Culturgal Expandido en Muros do 16 ao 18 de outubro
O mercado municipal acollerá un programa gratuíto coa presenza de…
Unha das novidades técnicas do Culturgal 2024 é que algunhas das actividades poderán seguirse con cascos, unha experiencia pioneira en Galicia.
“As actividades silenciosas son unha proba que poñemos en marcha e pensamos que poden funcionar ben, queremos experimentar cos cascos para alonxar o ruído externo e ver se poden ser útiles”, explica Camilo Franco, director do Culturgal.
“Darémoslle máis intimidade aos que están escoitando, como si estivesen nunha sala pechada e sen necesidade de estar preto do escenario”, engade.
Os cascos serán para as actividades sen música, como as presentacións de libros, e permitirán seguir as actividades desde unha distancia de ata 80 metros.
Esta novidade mellorará ademais os coloquios posteriores ás presentacións, con micrófonos para as preguntas do público adaptados ao novo sistema técnico.
Na edición deste ano, que se celebrará do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, haberá tamén chalecos vibratorios para a comunidade xorda.
O mercado municipal acollerá un programa gratuíto coa presenza de…