Catro intérpretes crean un “museo vivo” con instalacións que representan diferentes dimensións da experiencia feminina. O público explora libremente as obras de arte ata que as artistas interactúan colectivamente no “escenario”. A peza remata cunha canción participativa que celebra a unidade e a memoria das mulleres. Esta proposta foi realizada polo alumnado do Máster en Servizos Culturais da USC.