O que comezou como xogos caseiros, pequenas xincanas con amigos e pasatempos improvisados para as miñas peques, acabou converténdose nun proxecto que crea escape rooms, pasatempos e sopas de letras en galego que hoxe se venden en máis de cen librarías. Nesta charla contarei como o xogo pode ser moito máis ca entretemento: é unha ferramenta para aprender, crear vínculo coa lingua e facer que o galego non só se estude… senón que se viva, se comparta e quede.