Arte, videoxogos, podcasts e clubs de lectura

Pola tarde, Su Garrido Pombo, PAVA, Caamaño&Ameixeiras e Chévere

Grande afluencia de público durante toda a mañá do sábado no Espazo Arte de Culturgal que acolle nesta xornada a instalación Perpetuando de Ana Monteagudo e Olaia Sendón, onde o público se pode retratar imitando imaxes icónicas da fotografía de todos os tempos grazas ó traballo do alumnado de imaxe e son do CIFP da Coruña.

Outras das instalacións que se pode ver é a performance Entre o medo e as flores de Andrea Mosquera Guerrero e o stand de A Colectiva.

No Espazo Arte presentouse tamén o primeiro videoxogo galego, The Wall, coa colaboración do Museo do Videoxogo de Galicia (MUVI) e o seu creador Álex González, que contou o nacemento desde fito cultural no ano 1986.

O recinto feiral tamén acolleu a gravación do podcast O Faiado e a proxección do filme Os Espazos en branco de Bruno Arias.

O teatro estivo presente a través dunha interesante conversa entre Xiana Arias, Paula Carballeira e Carme, arredor do proxecto creativo de Mulleres que Viven Soas, unha montaxe teatral e un podcast de dez episodios da compañía Berrobambán que se pode escoitar nas principais plataformas de podcast. En palabras de Arias “o centro do proxecto son mulleres que decidiron vivir soas, abrodando desde unha escolla persoal e non unha circunstancia”.

Cartas na Escuridade, Abril é un País e a mesa de literatura infantil e xuvenil de Galaxia foron algunhas das apostas literarias da mañá.

As actividades infantís incluíron o espectáculo de monicreques a Fantochoteca e Mergullando sen nos mollar, unha ollada inmersiva ó patrimonio submarino galego a partir de 6 anos.

Pola tarde, continúa a presentación e proba do xogo Hi-Score Science para todas as idades e o programa educativo da First Lego League que fomenta as vocacións científica entre os 4 e os 16 anos.

As aulas acolleron diferentes obradoiros profesionais entre os que se atopan os encontros MATE, os clubes de lectura e o obradoiro Ven e baila de Artur Puga.

Pola tarde, chegan algúns dos pratos fortes do Culturgal 2024: o recital poético de Su Garrido Pombo e Olga Novo, os concertos PAVA de Lucía Aldao e Caamaño&Ameixeiras e a Ultranoite Cultureta de Chévere.

Outras novas...

Máis de 16.000 espectadores en Culturgal
01Dec

Máis de 16.000 espectadores en Culturgal

A edición de 2026 potenciará que Culturgal teña máis presenza…

Un venres cheo de momentos máxicos
28Nov

Un venres cheo de momentos máxicos

E hoxe sábado... Chévere, Magín Blanco, Touriñán, Suso de Toro...

A Pedreira, Faia Díaz e Felisa Segade
26Nov

A Pedreira, Faia Díaz e Felisa Segade

Xuntas por primeira vez este venres no Pazo da Cultura…