Arzúa acolleu o Culturgal Expandido

Música, literatura e artes escénicas na capela da Madanela

A Capela da Madanela de Arzúa foi os días 11 e 12 de outubro a sede do Culturgal Expandido 2024

O Culturgal Expandido comezou con protagonismo literario da man das presentacións de ‘Indolente’, de Alberto Mancebo, e ‘Tradición oral recuperada das tebras. Son contos… ou historia?’, de Severino Fernández Abel, para dar paso ao espectáculo ‘Clopas’ (música e literatura) e o concerto de Su Garrido Pombo.

O sábado pola mañá, houbo programación infantil con ‘O lobo feliz’, de Miguel Guido, e ‘Caderno de cores e cancións’, de Magín Blanco.

Xa pola tarde, presentación do libro ‘Ser cetáceo’, de Francisco X. Fernández Naval, e unha entrevista con Xurxo Souto e Lucía Aldao, que coas súas actuacións pecharon o Cultugal Expandido de Arzúa.

“A nosa vocación é de país, por iso queremos levar a feira por toda Galicia”, destaca Víctor López, presidente de Culturgal.

A deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, incide na importancia “de que o Culturgal e todos os sectores que forman parte da cultura se acheguen ás nosas vilas e Arzúa e un sitio inmellorable para comezar”.

O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, amosou a súa satisfacción “por seguir espallando a cultura no noso concello do Culturgal Expandido”, mentres que o concelleiro de Cultura, José Luis García López, considerou “a elección do noso concello para esta feira como un recoñecemento á nosa aposta pola cultura durante todo o ano”.

 

Outras novas...

Máis de 16.000 espectadores en Culturgal
01Dec

Máis de 16.000 espectadores en Culturgal

A edición de 2026 potenciará que Culturgal teña máis presenza…

Un venres cheo de momentos máxicos
28Nov

Un venres cheo de momentos máxicos

E hoxe sábado... Chévere, Magín Blanco, Touriñán, Suso de Toro...

A Pedreira, Faia Díaz e Felisa Segade
26Nov

A Pedreira, Faia Díaz e Felisa Segade

Xuntas por primeira vez este venres no Pazo da Cultura…