Bibopalula para toda a familia en Culturgal

A programación infantil gaña protagonismo

A programación infantil gaña de novo protagonismo na edición 2025 de Culturgal, con numerosos espectáculos e actividades para pasar o día en familia no Pazo da Cultura de Pontevedra.

O prato forte desta programación será o domingo 30 de novembro, cando o espectáculo Bibopalula chega ao Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra ás 12:00 horas. As entradas poden comprarse por 12 euros en cultur.gal.

Robin, Carpin, Merli e Pegui son A Banda do Bosque, un grupo de paxaros que fan música e se deron a coñecer cunha serie de gran éxito, agora convertida en produción escénica con cancións, coreografías e efectos especiais.

Ademais de Bibopalula, o escenario infantil de Culturgal acollerá desde o venres 28 ás 18:00 horas (Croco) ata o domingo 30 ás 18:30 horas (O extraño caso da pedra Brum Brum) numerosos espectáculos de teatro, contacontos e música para nenos e nenas.

Os bonos familiares xa están á venda en www.cultur.gal por 12 euros os tres días para catro persoas (15 en billeteira).

Outras novas...

Propostas de programación para Culturgal 2026
22Xul

Propostas de programación para Culturgal 2026

A Feira abriu un prazo para presentalas ata o 31…

Culturgal abre o prazo para a reserva de postos na feira
17Xul

Culturgal abre o prazo para a reserva de postos na…

Desde o lunes 20 de xullo ás 11:00 horas. Os…

Máis de 16.000 espectadores en Culturgal
01Dec

Máis de 16.000 espectadores en Culturgal

A edición de 2026 potenciará que Culturgal teña máis presenza…