Culturgal Expandido en Muros do 16 ao 18 de outubro
O mercado municipal acollerá un programa gratuíto coa presenza de…
O Culturgal 2025 abre hoxe, martes 8 de xullo, ás 12:00 horas o prazo no que se poden solicitar os postos. A feira celebrarase entre o 28 e o 30 de novembro no pazo da Cultura de Pontevedra.
A Feira das Culturas Galegas abre ata o 31 de agosto un primeiro prazo de solicitude de postos ao mesmo prezo que o ano pasado. Posteriormente haberá un segundo prazo, do 1 ao 15 de setembro, cun incremento dos prezos do 25%.
Os postos outorgaranse por orde de chegada das solicitudes e a reserva debe facerse a través da web cultur.gal. Na zona de Profesional/Expositores poderase atopar toda a información.
O proceso de solicitude é moi sinxelo e ademais estará dispoñible un manual na área persoal da web.
Os postos de artesanía e arte contemporánea terán condicións especiais de contratación como o ano pasado, das que se informará en próximas datas.
O mercado municipal acollerá un programa gratuíto coa presenza de…