Culturgal 2025: abre o prazo para reservar postos

Ata o 31 de agosto ao mesmo prezo que o ano pasado

O Culturgal 2025 abre o próximo martes 8 de xullo ás 12:00 horas o prazo no que se poden solicitar os postos. A feira celebrarase entre o 28 e o 30 de novembro no pazo da Cultura de Pontevedra.

A Feira das Culturas Galegas abre ata o 31 de agosto un primeiro prazo de solicitude de postos ao mesmo prezo que o ano pasado. Posteriormente haberá un segundo prazo, do 1 ao 15 de setembro, cun incremento dos prezos do 25%.

Os postos outorgaranse por orde de chegada das solicitudes e a reserva debe facerse a través da web cultur.gal. Na zona de Profesional/Expositores poderase atopar toda a información.

O proceso de solicitude é moi sinxelo e ademais estará dispoñible un manual na área persoal da web.

Os postos de artesanía e arte contemporánea terán condicións especiais de contratación como o ano pasado, das que se informará en próximas datas.

 

Outras novas...

Propostas de programación para Culturgal 2026
22Xul

Propostas de programación para Culturgal 2026

A Feira abriu un prazo para presentalas ata o 31…

Culturgal abre o prazo para a reserva de postos na feira
17Xul

Culturgal abre o prazo para a reserva de postos na…

Desde o lunes 20 de xullo ás 11:00 horas. Os…

Máis de 16.000 espectadores en Culturgal
01Dec

Máis de 16.000 espectadores en Culturgal

A edición de 2026 potenciará que Culturgal teña máis presenza…