Culturgal será un escenario para bailar e divertirse Copiar

A actividade 'Ven e baila' está coordinada polo bailarín e coreógrafo Artur Puga

Culturgal 2024 programou o domingo 1 de decembro a quedada popular ‘Ven e Baila’, unha iniciativa coordinada polo bailarín e coreógrafo Artur Puga.

Temos que recuperar o baile como expresión de cultura con iniciativas como esta para achegar á xente e que perda o medo, temos que divertirnos bailando”, explica Puga, impulsor de Seisporoito, escola itinerante de baile tradicional, e bailarín das Tanxugueiras no Benidorm Fest.

Será o domingo 1 de decembro ás 13:00 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra, coa música da Asociación Folclórica O Fiadeiro e do grupo de música do Agadic.

O venres e o sábado, dentro da programación do Culturgal, haberá “achegas ao baile, coa música do acordeonista Carlos Quintá, para os que queiran ensaiar algo, pero non é imprescindible”, engade Artur Puga.

“Imos recuperar o ambiente das romarías, a cultura debe ser sinónimo de alegría”, asegura pola súa parte Camilo Franco, director do Culturgal.

O domingo pola tarde, para pechar esta edición da feira, chega ‘Somos pandereteiras’. Despois da designación da Real Academia Galega das pandereteiras como colectivo homenaxeado no Día das Letras Galegas, Culturgal contará con Bouba pandereteiras, Ana Romaní, María Reimóndez, Susana S. Arins, Andrea Nunes Brións e Mercedes Peón, en conversa con Selina Otero. Introducirá o acto Ana Boullón, da RAG.

As entradas para o Culturgal poden adquirse con grandes descontos de forma anticipada en cultur.gal.

 

Outras novas...

Culturgal reúne a 12.700 persoas
01Dec

Culturgal reúne a 12.700 persoas

Reposta "moi positiva" de participación na feira

Cheo para lembrar das culturas galegas
01Dec

Cheo para lembrar das culturas galegas

Máis de 700 persoas asistiron á Ultranoite Cultureta de Chévere

Arte, videoxogos, podcasts e clubs de lectura
30Nov

Arte, videoxogos, podcasts e clubs de lectura

Pola tarde, Su Garrido Pombo, PAVA, Caamaño&Ameixeiras e Chévere