Danza con Fran Sieira no Culturgal Expandido

Será o sábado 25 de outubro ás 20:00 horas

Fran Sieira non necesita presentación en Ribeira, onde comezou a bailar aos 8 anos na ‘Escola de Música tradicional Tahúme’.

📌 O sábado 25, levará ás 20:00 horas ao novo Auditorio Municipal de Ribeira o espectáculo ‘Un baile ceibe en comunidade’, tras o obradoiro que coordinará en horario de mañá no Culturgal Expandido.

👌 Sieira fundamenta o seu traballo nunha revisión do folclore galego desde un marco contemporáneo.

👀 Entrada de balde ata completar aforo!

Outras novas...

Culturgal Expandido en Muros do 16 ao 18 de outubro
07Out

Culturgal Expandido en Muros do 16 ao 18 de outubro

O mercado municipal acollerá un programa gratuíto coa presenza de…

Propostas de programación para Culturgal 2026
22Xul

Propostas de programación para Culturgal 2026

A Feira abriu un prazo para presentalas ata o 31…

Culturgal abre o prazo para a reserva de postos na feira
17Xul

Culturgal abre o prazo para a reserva de postos na…

Desde o lunes 20 de xullo ás 11:00 horas. Os…