Festa dos clubs de lectura de Galicia

Será o sábado 29 de novembro
Os clubs de lectura galegos terán de novo a súa festa en Culturgal 2025
 
Se pertences a un club de lectura e queres acudir a esta cita de intercambio de experiencias con autoras e autores, aínda estás a tempo!
 
Só tes que cubrir este formulario e porémonos en contacto contigo:
 
Xa hai inscritos 30 clubes e máis de 65 persoas nesta iniciativa coordinada por Anna R. Figueiredo!
 
O encontro comezará o sábado 29 ás 12:00h con Santiago Cortegoso, para dar paso ao debate ‘A novela curta está de moda?’, con Manuel Esteban, Olalla Sendón e Diego Giráldez.
 
As 16:00 convidamos a un café literario e ás 17:00, Cynthia Méndez, Ana Varela e Alba Tomé. Ás 18:00h, peche de festa con Antía Yáñez e Marga Tojo!
 
Lembrade que as entradas e bonos da feira xa están á venda en cultur.gal

Outras novas...

Culturgal Expandido en Muros do 16 ao 18 de outubro
07Out

Culturgal Expandido en Muros do 16 ao 18 de outubro

O mercado municipal acollerá un programa gratuíto coa presenza de…

Propostas de programación para Culturgal 2026
22Xul

Propostas de programación para Culturgal 2026

A Feira abriu un prazo para presentalas ata o 31…

Culturgal abre o prazo para a reserva de postos na feira
17Xul

Culturgal abre o prazo para a reserva de postos na…

Desde o lunes 20 de xullo ás 11:00 horas. Os…