Máis de 2.000 espectadores en Ribeira

O Culturgal Expandido foi unha festa da cultura local e galega

O Culturgal Expandido celebrado esta fin de semana no Auditorio Municipal de Ribeira deixa un balance moi satisfactorio, cun programa para todas as idades que serviu para poñer en contacto a cultura local coa do resto de Galicia.

O director do Culturgal, Camilo Franco, califica de “moi positiva” a resposta “a esta festa da cultura”, xa que o conxunto das actividades reuniu a 2.000 espectadores en Ribeira, “o que demostra a forza dos creadores e artistas locais e o interese dos diferentes públicos do Barbanza”.

A organización do Culturgal Expandido manifestou na inauguración do sábado o seu interese en converter Ribeira nunha sede permanente deste festival cultural, unha opción que estudarán co concello.

Ribeira volverá a ser protagonista no Culturgal de Pontevedra do 28 ao 30 de novembro, grazas á presenza dos seus creadores.

Onte, o peche do Culturgal Expandido reuniu a centos de persoas no Auditorio para ver primeiro as ‘Fantasmas Familiares’ de Quico Cadaval, que lembrou a súa infancia en Ribeira.

Posteriormente, a gala final, coa actriz Susana Sampedro de mestra de cerimonias, foi un escarapate das diferentes formas de entender a creación musical cunha orixe en común: Ribeira. Actuaron Nan Îllonia, Lau Panicanela, xeVA & Mon-O e Os Liantes.

Outras novas...

Culturgal Expandido en Muros do 16 ao 18 de outubro
07Out

Culturgal Expandido en Muros do 16 ao 18 de outubro

O mercado municipal acollerá un programa gratuíto coa presenza de…

Propostas de programación para Culturgal 2026
22Xul

Propostas de programación para Culturgal 2026

A Feira abriu un prazo para presentalas ata o 31…

Culturgal abre o prazo para a reserva de postos na feira
17Xul

Culturgal abre o prazo para a reserva de postos na…

Desde o lunes 20 de xullo ás 11:00 horas. Os…