Culturgal reúne a 12.700 persoas
Reposta "moi positiva" de participación na feira
Case 450 alumnas e alumnos do IES Valle-Inclán, CEIP Xunqueira I, CEIP San José, CEIP de Moaña, CEIP A Rúa de Cangas e CPR Andersen-Augalonga de Vigo, gozaron do espectáculo de Magín Blanco e Ghazafellos na primeira función de A Nena e o Grilo que tivo lugar este venres no auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra.
Outro grupo, desfrutou de visitas guiadas ó recinto coa presenza dos Bolechas e con parada no plató permanente da TVG no que xogaron a a ser presentadores de televisión. O domingo, ás 12.15 horas, haberá outra oportunidade para ver a cuarta e última entrega do musical infantil máis aclamado na escena galega dos últimos 15 anos.
A sesión do venres inaugurouse cun pase da peza “Glass”. O alumnado de quinto curso de Grao Profesional da especialidade de Danza Contemporánea do Conservatorio de Danza de Lugo puxo en escena esta obra de Isabelle Beernaert preparada pola profesora Alba Felpete, en colaboración co alumnado de Xestión Cultural da USC.
A Facultade de Belas Artes de Pontevedra cobrou moito protagonismo na mañá do venres a través do ciclo de performances ‘Neodoctrinas’, comisariado por Lupercais Arte que se puido desfrutar ás 11.30 e ás 13.30 no Espazo Arte de Culturgal.
O circo tamén estivo moi presente na mañá do venres coa presentación do Encontro de Formación e Innovación en Circo e da Asociación de Profesionais do Circo en Galicia (APCG) que anunciou o Novo Censo de Circo Galego, o primeiro arquivo dixital da historia do circo de Galicia e os Premios Manu Lago de Circo, cunha gala que terá lugar o 10 de decembro ás 20.30 horas no Teatro Principal de Compostela.
En palabras de Isaac Rodríguez, presidente de APCG “traballamos para atraer artistas da profesión e para poñer o circo nun espazo merecido dentro da cultura galega”.
Pola tarde, chegará a maxia a Culturgal da man da cooperativa Magia en la Manga que ensinará a pequenos e grandes a ser auténticos magos profesionais a partir das 17 horas. O Espazo Arte acollerá ós debuxantes Fernando Iglesias (Kohell) e Miguelanxo Prado ilustrando en directo o seu proceso creativo ás 16 e 17 horas, respectivamente.
O coreógrafo Artur Puga impartirá os seus primeiros obradoiros de danza ás 17 e 19 horas, para todos os públicos.
Ás 18 horas, a literatura infantil e xuvenil adquirirá protagonismo na presentación de “Filla das Ondas”, unha aventura de Fina Casalderrey, ilustrada por Xosé Cobas, que convida a percorrer a cidade a través da súa historia. Coa presenxa de Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra.
E o escenario infantil revolucionarase ás 19 horas, co espectáculo ”Alicia para as Minchiñas”, da compañía A Feroz.
Ás 19 horas, o público adulto poderá gozar dunha mesa de poesía con Pilar García Rego, Neves Rodríguez e Medos Romero. A poesía de Ferrín chega da man da presentación do repertorio de Anxo Angueira, editado por Xerais, ás 20 horas.
O espectáculo máis cachafello terá lugar ás 21 horas coa proxección do documental Bravú XXX no Auditorio do Pazo. Despois, a Banda Xangai e as pontevedresas Rager porán o fin de festa musical a esta primeira xornada do Culturgal 2024.
Moitas das actividades poderán seguirse durante varios minutos con conexións en directo desde a páxina oficial de Instagram de Culturgal.
Máis de 700 persoas asistiron á Ultranoite Cultureta de Chévere
Pola tarde, Su Garrido Pombo, PAVA, Caamaño&Ameixeiras e Chévere
Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra
Desenvolvido pola boutique de comunicación, márketing e visitas virtuais e experiencias Orestes Comunica.