O Culturgal máis infantil e familiar

As familias poderán pasar o día no Culturgal con propostas a todas horas para divertirse e participar

O Culturgal quere atrae novos públicos para a cultura galega e na súa edición deste ano conta cunha moi ampla programación infantil.

“Queremos que as familias pasen o día no Culturgal, con propostas a todas horas para divertirse e participar”, explica Camilo Franco, director do Culturgal.

O prato forte será ‘A nena e o grilo camiño das cores’. Magín Blanco comeza no Culturgal a xira de despedida do musical infantil máis aclamado. Será o domingo 1 de decembro ás 12:15 horas no auditorio do Pazo da Cultura. As entradas, con grandes descontos por compra anticipada, están dipoñibles en cultur.gal.

O resto das actividades infantiles son gratuítas, só é necesario adquirir a entrada de acceso á feira.

O venres, a familia Bolechas estará paseando polo recinto do Culturgal e durante os tres días haberá no recinto un plató da TVG, un espazo permanente no que probar como é ser presentador/a de televisión.

A programación inclúe o obradoiro de maxia ‘Quen quere ser mago?’; o espectáculo de poesía, xogo e música ‘Alicia para as minchiñas’, da compañía A Feroz; a presentación do xogo ‘Hi-Score Science’ en galego, e unha campaña de recollida de dentes de leite do Rato Pérez (coa colaboracion do CSIC).

Dentro da Festa PuntoGal, ‘Coñece a FIRST® LEGO® League’; teatro e monicreques con ‘A Fantochoteca’; ‘Mergullando sen nos mollar’ (unha ollada inmersiva  ao  patrimonio somerxido); e ‘Luces, cámara, acción que vén o salón’ (presentación do Salón do libro infantil de Pontevedra).

Outros espectáculos do Culturgal serán ‘A Raposa muiñeira’; ‘Viaxa con nós ata a última fronteira’; ‘A fraga das avoas invisíbeis’; a estrea da serie de animación ‘Bibopalula’, e o obradoiro ‘De A a Z’ (colaxe, xogo, improvisación e imaxinación).

O domingo pola tarde, ‘Brunilda e brunildo’; ‘Quero Cantar’; O rap sen APPs do coello Fedello, e o obradoiro ‘Restauradoras/es por un día’.

Toda a información da programación infantil e os horarios en https://cultur.gal/programa/

 

Outras novas...

Culturgal reúne a 12.700 persoas
01Dec

Culturgal reúne a 12.700 persoas

Reposta "moi positiva" de participación na feira

Cheo para lembrar das culturas galegas
01Dec

Cheo para lembrar das culturas galegas

Máis de 700 persoas asistiron á Ultranoite Cultureta de Chévere

Arte, videoxogos, podcasts e clubs de lectura
30Nov

Arte, videoxogos, podcasts e clubs de lectura

Pola tarde, Su Garrido Pombo, PAVA, Caamaño&Ameixeiras e Chévere