Culturgal reúne a 12.700 persoas
Reposta "moi positiva" de participación na feira
Culturgal 2024 será un espello de todas as culturas galegas no que as letras terán de novo un protagonismo especial, coa presenza dos autores e autoras de actualidade no panorama literario.
Parte da programación literaria poderá escoitarse con cascos. As ‘actividades silenciosas’ son unha novidade técnica da edición deste ano, unha experiencia pioneira en Galicia.
‘Manuel Rivas, literatura en conciencia’ terá como protagonista o domingo 1 de decembro ao recente Premio Nacional das Letras 2024. Da man de Editorial Xerais, manterá unha entrevista sobre ‘Tras do ceo’ con Susana Pedreira.
‘Mulleres que viven soas: o proceso creativo. Berrobambán’ será o sábado ás 14:00 horas. Paula Carballeira e Xiana Arias compartirán o proceso que levou unha sesión de Paula no Maratón de Cuentos de Guadalajara, e a produción de dez podcast da man de Xiana para a coprodución de Berrobambán e FIOT de Carballo da montaxe teatral ‘#MQVS’.
O venres 29 ás 18:00 horas, ‘Filla das ondas’, de Kalandraka. Pontevedra entre o medievo e a actualidade, a recuperación do casco histórico e o seu revolucionario modelo urbán afloran neste traballo de Fina Casalderrey ilustrado por Xosé Cobas. Coa presenza de Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra.
Outras presentacións programadas son ‘A poesía de Ferrín, un río de longa e accidentada singradura’. Fran Alonso entrevista a Anxo Angueira, quen analiza e recita a poesía de Xosé Luís Méndez Ferrín; e o libro ‘Certame de Poesía Rosalía de Castro (2019-2023)’, da Asociación Cultural Galega ‘Rosalía de Castro de Cornellá’.
‘Enciclopedia perplexidade’ e ‘A dama que fala’ protagonizarán o recital de Antón Reixa e Rompente. Kalandraka e Editorial Elvira. Presentación dos volumes ‘Enciclopedia perplexidade’, de Antón Reixa, e ‘A dama que fala’, do Grupo de Comunicación Poética Rompente, Editorial Elvira. Con Alberto Avendaño, Manuel M. Romón e Antón Reixa.
Haberá por outra parte unha Mesa de poesía con Pilar García Rego, Neves Rodríguez e Medos Romero, e unha Mesa literatura infantil e xuvenil, con David Cortizo, Brais Babarro, e Sandra Lodi.
Culturgal acollerá ademais a presentación de ‘A gran final. Contos e contas do fútbol galego’. Edicións Positivas. Un libro escrito por 22 autores/as, futbolistas e seareiros galegos, entre eles Xurxo Souto, Patricia Janeiro, Marilar Aleixandre, Bieito Iglesias, Alex Bergantiños, Eduardo Berizzo, María Sabarís, Xosé A. Touriñán e Vero Boquete.
A Fundación Uxío Novoneyra presentará a edición de ‘Os Eidos’ polo seu 25 aniversario coa directora da fundación, Branca Novoneyra, a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Iria Castro, o editor Antón Lopo e a prologuista Nieves Neira.
A programación inclué ademais unha conversa coas autoras gañadoras dos Premios Xerais 2024: Marta Villar, Raquel Fernández Fernández e Abel Tomé; e cos gañadores dos certames literarios da Deputación da Coruña: César Lorenzo (gañador do Torrente Ballester en galego), Blanca Paula Rodríguez Maragatos (gañadora do Murguía de ensaio) e Rafael Fernández Lorenzo (gañador do Raíña Lupa).
Marcos Maceira e Elsa Quintas, da Mesa pola Normalización Lingüística, presentan o libro ‘Falemos de liberdade’, que trata sobre a situación do galego, e Tereixa Constenla e Ramón Rozas ‘Abril é un país: conversa arredor do 50 aniversario da Revolución dos Caraveis’.
Máis de 700 persoas asistiron á Ultranoite Cultureta de Chévere
Pola tarde, Su Garrido Pombo, PAVA, Caamaño&Ameixeiras e Chévere
Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra
Desenvolvido pola boutique de comunicación, márketing e visitas virtuais e experiencias Orestes Comunica.