Programa do Culturgal Expandido

Todos os espectáculos son gratuítos

O Auditorio Municipal de Ribeira acolle esta próxima fin de semana, días 25 e 26 de outubro, a edición 2025 do Culturgal
Expandido.

Todas as disciplinas artísticas terán o seu protagonismo na feira das culturas galegas, na que os artistas e creadores locais estarán representados por Quico Cadaval, Lau Panicanela, Fran Sieira, Nan Îllonia, XeVA & Mon-O, Susana Sampedro ou Os Liantes.

O Culturgal Expandido comeza mañá sábado 25 de outubro ás 10:00 horas co obradoiro ‘Mediación. Un baile ceibe en comunidade’, con Fran Sieira, para dar paso ás 12:00 horas a ‘O lobo feliz’, un espectáculo infantil con Miguel Guido.

Ás 13:00 horas chegará o obradoiro ‘Pensa o teu guión de videoxogo’ e xa pola tarde as conversas literarias que organiza o Club de Lectura do Culturgal, o espectáculo ‘Xa que o sabes, voucho contar (e cantar)’ de Federico Pérez Rey ás 19:00 horas, danza e a película ‘O Apostolo’.

Na mañá do domingo, programación infantil das 12:00 ás 14:00 horas con ‘Contamos contos de lobos?’, de Ghazafellos, e ‘O rap do coello fedello’, de Irene Alonso Gasalla.

Pola tarde, obradoiro audiovisual con Alba Pego, coloquio cos premiados do certame ‘Cidade Centenaria de Ribeira’, as ‘Fantasmas Familiares’ de Quico Cadaval ás 18:00 horas e o peche musical con Nan Îllonia, Os Liantes, Lau Panicanela e XeVA & Mon-O (19:00 horas).

 

Outras novas...

Máis de 16.000 espectadores en Culturgal
01Dec

Máis de 16.000 espectadores en Culturgal

A edición de 2026 potenciará que Culturgal teña máis presenza…

Un venres cheo de momentos máxicos
28Nov

Un venres cheo de momentos máxicos

E hoxe sábado... Chévere, Magín Blanco, Touriñán, Suso de Toro...

A Pedreira, Faia Díaz e Felisa Segade
26Nov

A Pedreira, Faia Díaz e Felisa Segade

Xuntas por primeira vez este venres no Pazo da Cultura…