Culturgal abriu este mes o prazo para enviar as propostas de programación. A edición 2026 de Culturgal, a feira das culturas galegas, celebrarase en Pontevedra do 27 ao 29 de novembro.

A organización da feira abre un prazo ata o 31 de agosto para que aquelas persoas ou colectivos interesados poidan enviar as súas propostas para o programa.

Culturgal será de novo o mellor escaparate para todas as manifestacións da cultura galega, sempre co obxectivo de chegar a novos públicos.

Por este motivo, Culturgal quere contar un ano máis coas creadoras e creadores máis novos en calquera actividade cultural para completar o panorama da cultura en Galicia.

As propostas deben enviarse a través do seguinte formulario:
https://i.gal/PropostasCulturgal