Culturgal Expandido en Muros do 16 ao 18 de outubro
O mercado municipal acollerá un programa gratuíto coa presenza de…
PuntoGal, a entidade xestora do dominio identificador de Galicia na rede, cumpre este ano o seu décimo aniversario e, para celebralo, celebrará varias actividades no Culturgal de Pontevedra.
Caamaño & Ameixeiras e o proxecto Pava de Lucía Aldao poñeranlle a música a esta celebración cun festival que terá lugar o sábado, 30 de novembro.
O dominio elaborou un programa de actividades no Culturgal baixo o lema PuntoGal presenta que inclúe un combate de debuxantes en colaboración con Autobán, talleres de Lego para os máis novos en colaboración coa FIRSTLego League ou unha xornada profesional na que se abordarán os retos da rede para Galicia, especialmente no que se refire á supervivencia do idioma fronte ao dominio das grandes multinacionais tecnolóxicas.
A presenza de PuntoGal completarase cun stand central na feira, no que se fornecerá información sobre os proxectos aos que presta apoio o rexistro, que inclúen desde o Museo do Videoxogo de Galicia ata o Museo do Pobo Galego, pasando polas feiras de autoedición ou os certames literarios coa Real Academia Galega.
O mercado municipal acollerá un programa gratuíto coa presenza de…