‘Sesión Bravú’ e as novas voces galegas, cartel musical

As novas voces da música galega comparten protagonismo coa Banda Xangai e as pontevedresas Rager

A música será un ano máis un dos pratos fortes do Culturgal, cun cartel que combina as novas voces da música galega coa celebración do 30 aniversario do movemento bravú.

“O día 29 en Pontevedra vai ter lugar un evento único e irrepetible, como demanda o Culturgal”, asegura Xurxo Souto. O bravú festexa o seu 30 aniversario o venres pola noite ás 21:00 horas, cun documental e o concerto da Banda Xangai e as pontevedresas Rager.

O acceso ao auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra será de balde ata completar aforo coa entrada do venres á feira (con descontos por compra anticipada en cultur.gal).

Xurxo Souto, o que foi líder dos Diplomáticos de Monte Alto e referente indiscutible do bravú, protagoniza o filme documental ‘Bravú XXX’, producido por Nós Televisión.

‘Pava’ é o primeiro proxecto musical en solitario da poeta Lucía Aldao e Caamaño&Ameixeiras un dúo ligado á música e ao baile de raíz formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz). Actuarán o sábado dentro do festival polo décimo aniversario de punto.gal.

Su Garrido Pombo participará nun recital con Olga Novo e haberá máis música no Culturgal, da man da Asociación Folclórica O Fiadeiro, o grupo de música do Agadic, Carlos Quintá ou Bouba pandereteiras, entre outros grupos e artistas.

Outras novas...

Propostas de programación para Culturgal 2026
22Xul

Propostas de programación para Culturgal 2026

A Feira abriu un prazo para presentalas ata o 31…

Culturgal abre o prazo para a reserva de postos na feira
17Xul

Culturgal abre o prazo para a reserva de postos na…

Desde o lunes 20 de xullo ás 11:00 horas. Os…

Máis de 16.000 espectadores en Culturgal
01Dec

Máis de 16.000 espectadores en Culturgal

A edición de 2026 potenciará que Culturgal teña máis presenza…