‘Sesión Bravú’ o venres 29 ás 21:00 horas

O movemento bravú festexa o seu 30 aniversario no Culturgal de Pontevedra cun documental e o concerto da Banda Xangai e as Rager

Culturgal acollerá a ‘Sesión Bravú’ o venres 29 de novembro ás 21h. no Auditorio do Pazo da Cultura.

O acceso será de balde ata completar aforo coa entrada da feira.

Xurxo Souto, o que foi líder dos Diplomáticos de Monte Alto e referente indiscutible do bravú, protagoniza o filme documental BRAVÚ XXX, producido por Nós Televisión

O concerto posterior a proxección, da man da Banda Xangai contará entre outras sorpresas coa colaboración das Rager, o grupo pontevedrés formado por integrantes moi novas que versionarán o mítico tema bravú dos 90 ‘Estou na lavadora’ do Caimán do Río Tea.

O edil Demetrio Gómez presentou esta mañá a festa do 30 aniversario do bravú en Pontevedra, da man da guionista Ana Viqueira de Nós TV, Xurxo Souto, Gonzalo Maceira como coordinador do proxecto municipal Xeración Sónica, e Camilo Franco, director da Culturgal.

O artista Xurxo Souto anunciaba que “o día 29 en Pontevedra vai ter lugar un evento único e irrepetible como demanda o Culturgal”.

Outras novas...

Culturgal reúne a 12.700 persoas
01Dec

Culturgal reúne a 12.700 persoas

Reposta "moi positiva" de participación na feira

Cheo para lembrar das culturas galegas
01Dec

Cheo para lembrar das culturas galegas

Máis de 700 persoas asistiron á Ultranoite Cultureta de Chévere

Arte, videoxogos, podcasts e clubs de lectura
30Nov

Arte, videoxogos, podcasts e clubs de lectura

Pola tarde, Su Garrido Pombo, PAVA, Caamaño&Ameixeiras e Chévere