Culturgal reúne a 12.700 persoas
Reposta "moi positiva" de participación na feira
Centos de asistentes gozaron da proxección do audiovisual Bravú XXX, producido por Nós Televisión e con guión de Ana Viqueira e Xurxo Souto, que conta a historia do movemento Bravú a través do relato de Xurxo Souto, líder dos Diplomáticos de Monte-Alto.
Souto é, ademais, membro da Banda Xangai, unha orquestra polimórfica que reúne a integrantes de bandas xermolo do movemento Bravú e outras de creación posterior e que fixeron tremer o auditorio do Recinto Feiral de Pontevedra cun recital folk cheo de acordes roqueiros.
Tamén cantaron e bailaron os máis pequenos na tarde do venres con Alicia para as Minchiñas un espectáculo con poesía, xogo e música a cargo da compañía A Feroz. Ademais, aprenderon os mellores trucos de maxia en familia co obradoiro de Magia en la Manga.
Os debuxantes Fernando Iglesias “Kohell” e Miguelanxo Prado explicaron o seu proceso creativo desde o uso da paleta de cores, sombras ou entintado, ata a importancia do guión en banda deseñada. Prado, gañador do Premio Nacional de Cómic asegurou ós asistentes que “debuxar é pintar son un xogo, un agasallo que me deu o cosmos”.
O escenario Arte tamén acolleu un orixinal desfile de traxes Vikingos nos que se combina a cerámica co encaixe de Camariñas.
Os workshops profesionais de MATE contaron cos obradoiros “Cultura e música: conflito e dereito polo ben común” impartida polo músico, produtor e investigador cultural Dani Granados e A máquina di SI: sobre a creación audiovisual na era da Intelixencia Artificial de Iván López Gimeno.
Granados resaltou a importancia do acceso e á participación cultural “sen ningún tipo de discriminación nin privilexios”.
A protagonista literaria da tarde foi a escritora pontevedresa Fina Casalderrey que presentou a reedición do seu libro Filla das Ondas, editado por Kalandraka, acompañada polo ilustrador Xosé Cobas, a xornalista María Varela e o concelleiro de Cultura de Pontevedra Demetrio Gómez. Casalderrey recordou que esta historia xestouse ó pensar en Pontevedra como un vila rica que nacera do mar “e por forza tiña que ser filla das ondas.”
A literatura tamén estivo presente na mesa de poesía da editorial Galaxia que contou coa participación Pilar García Rego, Masha Álvarez e Medos Romero, e coa poesía de Ferrín, a través da entrevista de Fran Alonso ó profesor Anxo Angueira quen analizou e recitou a obra Méndez Ferrín.
O cine, as performances e os debates foron outras das actividades desta primeira xornada do Culturgal 2024.
A xornada do sábado dará especial relevancia á Festapuntogal cos concertos de Pava e Caamaño e Ameixeiras.
Máis de 700 persoas asistiron á Ultranoite Cultureta de Chévere
Pola tarde, Su Garrido Pombo, PAVA, Caamaño&Ameixeiras e Chévere
Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra
Desenvolvido pola boutique de comunicación, márketing e visitas virtuais e experiencias Orestes Comunica.