Un venres cheo de momentos máxicos

E hoxe sábado... Chévere, Magín Blanco, Touriñán, Suso de Toro...

A edición XVIII de Culturgal abriu as súas portas onte no Pazo da Cultura de Pontevedra, dando comezo a tres días e 225 actividades de literatura, música, teatro, cine, danza, arte contemporánea, baile… o mellor escaparate de todo o que se fai en Galicia.

Onte pola noite, as voces femininas da canción galega encheron o escenario do auditorio coas actuacións de Faia Díaz, A Pedreira e Felisa Segade.

Entre concerto e concerto, xuntáronse para agasallarnos cun momento único,.

Outro dos pratos fortes será a noite de humor galego desta (no auditorio ás 21:00 horas), co espectáculo ‘Moito conto’, creado por Touriñán en exclusiva para Culturgal. Estará acompañado, entre outros, por David Amor, Pablo Meixe, Patricia Castriñón e Marita Martínez.

‘Bibopalula. O espectáculo’ será a última das citas de pago deste Culturgal. Para toda a familia o domingo 30 pola mañá.

Outras novas...

Propostas de programación para Culturgal 2026
22Xul

Propostas de programación para Culturgal 2026

A Feira abriu un prazo para presentalas ata o 31…

Culturgal abre o prazo para a reserva de postos na feira
17Xul

Culturgal abre o prazo para a reserva de postos na…

Desde o lunes 20 de xullo ás 11:00 horas. Os…

Máis de 16.000 espectadores en Culturgal
01Dec

Máis de 16.000 espectadores en Culturgal

A edición de 2026 potenciará que Culturgal teña máis presenza…