Unha feira de arte no Culturgal

O Espazo Arte da feira fomentará a participación e o contacto co público

O Espazo Arte de Culturgal, que se puxo en marcha o ano pasado, medra este ano como unha iniciativa necesaria en Galicia, unha feira de arte contemporánea con propostas novidosas e buscando a participación e o contacto co público.

O Espazo Arte da feira aposta polas galerías e espazos de arte que representan modos de traballo novidosos en Galicia, explorando na relación entre a arte e a sociedade. Ademais, as persoas asistentes ao Culturgal poderán adquirir pezas desde 100 euros e ata 10.000 euros.

O Espazo Arte do Culturgal é un proxecto integrador e amplo que quere atender á realidade cultural das galerías e dos novos espazos de arte, na lóxica de que integran una parte fundamental da industria cultural, e sobre todo viven do contacto co público, tanto profesional como afeccionado.

Neste sentido, propostas como ‘Pombal Gallery’ buscarán a reflexión a través de ‘A Invitación’, que parte da idea de ‘arte social’. Esta iniciativa pretende mobilizar ao público, repartindo entradas á feria, proporcionándolles transporte e invitándolles a un ‘petisco-pack’.

Destaca tamén o ciclo de performances da Facultade de Belas Artes ‘Neodoctrinas’, comisariado por Lupercais Arte (Lucía Estévez e Lucía Leirós). Haberá por outra parte unha performance de Andrea Mosquera Guerrero (Galería Sarao Studio).

O programa de arte de Culturgal inclúe os obradoiros de arte de Xosé Vilamoure (galería Dodo Dadá) e de Cianotipia (galería La Doce), e mesas de debate sobre Arte e compromiso social (A Colectiva) ou sobre os espazos alternativos para a arte (Apo’strophe.arte).

Outras novas...

Propostas de programación para Culturgal 2026
22Xul

Propostas de programación para Culturgal 2026

A Feira abriu un prazo para presentalas ata o 31…

Culturgal abre o prazo para a reserva de postos na feira
17Xul

Culturgal abre o prazo para a reserva de postos na…

Desde o lunes 20 de xullo ás 11:00 horas. Os…

Máis de 16.000 espectadores en Culturgal
01Dec

Máis de 16.000 espectadores en Culturgal

A edición de 2026 potenciará que Culturgal teña máis presenza…