Atópanos no Pazo da Cultura de Pontevedra, ubicado na Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra
O Pazo da Cultura atópase na rúa de Alexandre Bóveda, a escasos dez minutos do centro urbano e perfectamente comunicado coas principais vías de entrada. Ten un amplo aparcadoiro con capacidade para 1.300 automóbiles, polo que o acceso en coche é cómodo e sinxelo. Tanto desde Vigo como desde Santiago ou A Coruña, hai que tomar a saída 129 da AP-9 (Pontevedra Norte) e seguir as indicacións cara á estrada PO-531. Unha vez na PO-531, hai que xirar á esquerda cara á Avenida de Domingo Fontán, tomar a segunda saída na rotonda en dirección Rúa de Juan Manuel Pintos e, de novo, a segunda saída na rotonda cara á N-550. Encontraredes entón o Pazo da Cultura.
Os autocares da empresa Monbus chegan a Pontevedra desde distintos puntos de Galicia. Podes consultar horarios e frecuencias na web www.monbus.es ou chamar ao teléfono de atención ao viaxeiro desta compañía 902 292 900.
O tren é o medio ideal para achegarse a Pontevedra desde cidades próximas como Vigo, pero tamén desde A Coruña, Santiago ou Vilagarcía. Podes consultar horarios e frecuencias en www.renfe.es.
Pontevedra é unha cidade para camiñar, sen grandes costas e cunha ampla área urbana peonil. Tamén é un pracer percorrela en bici, pola súa orografía e pola promoción que se fai do seu uso neste concello. Pero entendemos que podes ter cansazo, problemas de mobilidade ou simplemente dispor de pouco tempo. Nese caso podes consultar as liñas de bus urbano en https://www.pontevedra.gal/mobilidade/bus-urbano. Para ir das Estacións de Tren e Bus ao Pazo da Cultura podes coller a L1. Se precisas un taxi podes chamar ao 986 868 585.
Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra
Desenvolvido pola boutique de comunicación, márketing e visitas virtuais e experiencias Orestes Comunica.