Culturgal inclúe este ano entre as súas novidades o premio ‘CulturEmprende’ para novos proxectos creativos, unha iniciativa promovida pola Asociación para o emprendemento e a innovación de Pontevedra, Pont-Up Store, e a organización da Feira das Culturas Galegas.
A finalidade desta iniciativa é facilitar o coñecemento, promoción e posterior impulso de novos proxectos creativos propostos por persoas, colectivos ou calquera tipo de organizacións.
A presentación dos cinco proxectos seleccionados farase publicamente o sábado 28 de novembro de 2026 as 12:00 horas no recinto de Culturgal.
Para participar, é preciso presentar unha proposta a través do formulario de inscrición da candidatura neste enlace:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSflm2Z1fyMI7HmLeSYpCg5eOTHtz8Zk5ZETImDh05dYmnDprg/viewform
Neste formulario solicitarase información básica da persoa responsable do emprendemento e un breve resumo do mesmo. O prazo para a presentación de candidaturas pechará as 13:00 horas do día 10 de novembro.
Unha vez recibidas as candidaturas, un comité con representantes de Culturgal e de Pont-Up Store seleccionará un máximo de cinco candidaturas, para o que se baseará en criterios de orixinalidade, innovación e creatividade; impacto no sector creativo de Galicia; impacto no territorio; sostenibilidade e igualdade, e potenciación da identidade cultural de Galicia.
O proxecto premiado incorporarase á programación de Culturgal en 2027 e contará cun espazo gratuito no stand institucional de Pont Up Store o primero dia do Culturgal 2027.
Para mais información, as persoas interesadas poden dirixirse a puntazoexpres@pontupstore.com