‘Ven e Baila’ para disfrutar do baile popular

O bailador Artur Puga presentará o seu proxecto ‘As Pegadas do Baile’

O ‘Ven e baila’ será de novo unhas das grandes citas de Culturgal 2025, “unha chamada colectiva a disfrutar e reivindicar o baile tradicional galego”.

O bailador Artur Puga, coordinador desta iniciativa, e Camilo Franco, director de Culturgal, presentaron hoxe esta convocatoria aberta de baile popular, que se celebrará o domingo 30 ás 13:30 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra.

“Queremos dar resposta ao interese da xente máis nova, que reivindica a música tradicional e o baile, con esta actividade comunitaria para pasalo ben e perder o medo a bailar”, explica Camilo Franco.

Ademais do ‘Ven e Baila’, Fran Sieira presentará coa súa compañía de danza o espectáculo ‘Un baile ceibe’ (13:00 horas), estará o colectivo Vacaburra e celebrarase un faladoiro con persoeiros e persoeiras do mundo do baile, como Aida Tarrío, das Tanxugueiras.

As Pegadas do Baile

Artur Puga e Camilo Franco presentaron tamén hoxe en Pontevedra ‘As Pegadas do Baile’, un proxecto pioneiro que nace ao abeiro de Culturgal e estenderase despois polos concellos de toda Galicia para ensinar á xente os pasos básicos do baile galego.

Cunhas pegadas no chan, calquera persoa poderá aprender estes pasos básicos do baile tradicional. “As Tanxugueiras serán as embaixadoras deste proxecto, que espero levar polos concellos de Galicia, polos centros educativos e por todos aqueles lugares que estén interesados, como os centros galegos; que todo o mundo teña nun ‘cachiño’ de chan do seu pobo estes pasos para poder aprender os pasos básicos do baile”, engadiu Artur Puga.

 

Outras novas...

Propostas de programación para Culturgal 2026
22Xul

Propostas de programación para Culturgal 2026

A Feira abriu un prazo para presentalas ata o 31…

Culturgal abre o prazo para a reserva de postos na feira
17Xul

Culturgal abre o prazo para a reserva de postos na…

Desde o lunes 20 de xullo ás 11:00 horas. Os…

Máis de 16.000 espectadores en Culturgal
01Dec

Máis de 16.000 espectadores en Culturgal

A edición de 2026 potenciará que Culturgal teña máis presenza…