Un encontro para compartir experiencias e coñecer as dinámicas dos clubs de videoxogo galegos: como se organizan, que títulos escollen e como desenvolven as súas reunións. Un espazo de intercambio para descubrir distintas formas de xogar e conversar sobre videoxogos, establecer contactos e explorar posibles colaboracións entre clubs.