Como chegar

EN COCHE

O Pazo da Cultura atópase na rúa de Alexandre Bóveda, a escasos dez minutos do centro urbano e perfectamente comunicado coas principais vías de entrada. Ten un amplo aparcadoiro con capacidade para 1.300 automóbiles, polo que o acceso en coche é cómodo e sinxelo. Tanto desde Vigo como desde Santiago ou A Coruña, hai que tomar a saída 129 da AP-9 (Pontevedra Norte) e seguir as indicacións cara á estrada PO-531. Unha vez na PO-531, hai que xirar á esquerda cara á Avenida de Domingo Fontán, tomar a segunda saída na rotonda en dirección Rúa de Juan Manuel Pintos e, de novo, a segunda saída na rotonda cara á N-550. Encontraredes entón o Pazo da Cultura.

 

EN BUS

Os autocares da empresa Monbus chegan a Pontevedra desde distintos puntos de Galicia. Podes consultar horarios e frecuencias na web www.monbus.es ou chamar ao teléfono de atención ao viaxeiro desta compañía 902 292 900.

 

EN TREN

O tren é o medio ideal para achegarse a Pontevedra desde cidades próximas como Vigo, pero tamén desde A Coruña, Santiago ou Vilagarcía. Podes consultar horarios e frecuencias en www.renfe.es.

 

NA CIDADE

Pontevedra é unha cidade para camiñar, sen grandes costas e cunha ampla área urbana peonil. Tamén é un pracer percorrela en bici, pola súa orografía e pola promoción que se fai do seu uso neste concello. Pero entendemos que podes ter cansazo, problemas de mobilidade ou simplemente dispor de pouco tempo. Nese caso podes consultar as liñas de bus urbano en https://www.pontevedra.gal/mobilidade/bus-urbano. Para ir das Estacións de Tren e Bus ao Pazo da Cultura podes coller a L1. Se precisas un taxi podes chamar ao 986 868 585.

A cita con culturgal 2023

Culturgal, un evento único que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra. Este ano a Feira das Culturas Galegas terá lugar do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura, onde os públicos poderán achegarse ás as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano.

Culturgal quere favorecer tamén o seu carácter como escenario de encontros entre profesionais e sectores, e de espazo para o nacemento e consolidación de proxectos. A Feira das Culturas Galegas busca reforzar os vínculos coas diferentes asociacións gremiais e promover a comunicación entre todos aqueles axentes e sectores que participan da actividade cultural.