Novas

A Feira ten moita arte en 2018

27 Novembro 2018

A arte contemporánea chegou a Culturgal para ficar. Por segundo ano consecutivo, Culturgal presenta o Espazo AC, que en 2018 conta con 16 expositores e un programa de presentacións, obradoiros e accións en directo, pensado para que o público da Feira se achegue ao mundo da arte. Entre os stands, o Museo de Pontevedra, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e a Bienal de Arte de Cerveira; xunto a eles, unha variedade de galerías e proxectos artísticos nos máis de mil metros cadrados que este espazo suma a Culturgal desde o pasado ano. E, no recinto feiral, ollo ao stand da EASD Pablo Picasso, a escola de ensinanzas artísticas da Coruña.
No Espazo Arte Contemporánea, comisariado por Paula Cabaleiro e Antón Sobral, poderás atopar os seguintes stands: Museo de Pontevedra, CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea), Bienal de Arte de Cerveira, Sala Apo’strophe, Os Catro Gatos, Alberto Pena, Basilisa Fiestras, La Casa Taller, Patricia Fornos, Nove Noel, Manolo Ebra, Colectivo LAG, Carmen Domínguez Vaz, Reme Remedios, Nemonon e Kike Ortega.

No programa do Espazo AC, comisariado por Paula Cabaleiro e Antón Sobral, obradoiros de arquitectura do CGAC para nenas e nenos e un contacontos para persoas adultas que organiza tamén o museo compostelán, no marco do seu 25 aniversario. A Bienal de Arte de Cerveira volverá a enfeitizarnos coa proposta en directo do artista Ricardo de Campos, que xa pintou un enorme mural ao vivo en 2017. A fin de semana presentaranse varios proxectos no campo da arte, a maoría liderados por mulleres: a asociación de artistas 85c, A Colectiva e Mulleres mirando Mulleres de Arte a un click. Máis accións ao vivo con colectivo LAG o sábado 1 e coa peza de danza “Reclusa parda” o domingo 2, para pechar xornada ambas no Espazo AC.

En 2018 Vari Caramés visita Culturgal 2018 para presentar o fantástico libro Lugares, editado con Fabulatorio. Así mesmo o artista Antón Sobral falaranos do seu libro Baila conmigo ata a final da amor. A Cidade da Cultura tamén estará moi activa no escenario Arte Contemporánea presentando non só a vindeira edición de Escenas do Cambio senón o seu programa de exposicións coa presenza dos seus responsables e comisarios.

Dúas exposicións

E se falamos de exposicións, temos que destacar as dúas mostras que o público de Culturgal poderá visitar no Espazo AC. “Artistas de colección. Fondos do patrimonio artístico DAC”, comisariada por Rosario Sarmiento, mostra a obra de vinte creadoras presentes na colección da Deputación da Coruña. Atención á relación: Amaya Bozal, Berta Cáccamo, Paz de la Calzada, Alicia Candiani, Victoria Dielph, Tamara Feijóo, Almudena Fernández, Alina Granados, Dolores Hebel, Menchu Lamas, Maruja Mallo, Fina Mantiñán, Tatiana Medal, Hannah Müller, Soledad Penalta, Cruz Pérez-Rubido, Beatriz Rey, Helena Segura-Torrella, Ana Soler e Lola Solla.

Ademais, outra entidade de grande relevancia, como é CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe)-Filmoteca de Galicia preséntano na entrada do Espazo AC a mostra “Fotografía en curso. Retrato da nosa contorna”, ao redor do programa pedagóxico de creación do mesmo.

Programa de actividades Espazo Arte Contemporánea:
Sábado 1 decembro
12:00. Obradoiro Cidade de Nadal. Fundación Cidade da Cultura. A partir de 4 anos. Inscrición na recepción
da Feira. A Cidade da Cultura de Galicia converterase este Nadal nun grande escenario ornamental de luz e
cor. Quen se achegue á nosa Cidade de Nadal poderá asistir a diferentes obradoiros. E para Culturgal,
quixemos traer unha pequena mostra dun deles, no que se usarán elementos naturais (froitas) para adornar
as nosas árbores e os nosos fogares.
13:00. Presentación de Escenas do Cambio 2019. Fundación Cidade da Cultura. Con María Pereira Otero,
directora de Acción Cultural da Cidade da Cultura de Galicia, e representantes de compañías participantes
convidadas.
13:30. Lugares de Vari Caramés. Fabulatorio. Con Vari Caramés, fotógrafo e autor e os editores e
deseñadores Suso Vázquez e Cibrán Rico.
17:30. Mulleres mirando Mulleres. Arte a un Click Conecta S. Coop. Con Adriana Pazos Ottón e Mila Abadía.
18:00. Presentación das exposicións do Museo Centro Gaiás. Cidade da Cultura de Galicia. Con Ana Isabel
Vázquez Reboredo, directora Xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia; Verónica Santos Farto,
comisaria da exposición Pensar coas mans (Departamento de Exposicións da Cidade da Cultura de Galicia)
e Miguel Anxo Seixas Seoane, comisario da exposición Castelao Maxistral. A boa obra ao mestre honra.
18:45. Estado sólido. Colectivo LAG. Acción coas artistas Lara Buyo e Ana Corujo .

19:45. Presentación libro “Anónimas, retratos de musas cotiás”. Con Gemma Marqués, ilustradora, e Dolores Costas, escritora.

20:30. Apo’strophe.Arte. Con Álvaro Rodríguez Pérez, Sara Pérez Bello e Elena Bangueses

Domingo 2 decembro

12:00. Obradoiro de arquitectura: En construción. Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) 25ºaniversario. Neste obradoiro de arquitectura impartido polo educador Santiago Chenlo os participantes construirán maquetas nas que poderán idear un museo ao seu antollo. Recomendado entre 6 e 11 anos.Prazas limitadas: 15. Inscrición gratuíta por orde de chegada en información.

13:30. Presentación A Colectiva. Asociación Profesional de Artistas de Galicia. Con Belén Montero,
secretaría, Iria Vázquez, vicepresidenta, Eva Mendoza, vogal, e as artistas plásticas María Meijide e Melania
Freire.
17:00. Contacontos con Celso Fernández Sanmartín.Contar por amor á arte. 25 aniversario Centro Galego
de Arte Contemporánea (CGAC). Recomendado para persoas adultas. Da man do Centro Galego de Arte
Contemporánea (CGAC), o contador de historias e filósofo Celso Fernández Sanmartín narrará unha
historia arredor dos museos e da arte facendo gala da máis entretida, dinámica e interesante tradición oral
popular.
18:00. Presentación do libro Baila comigo ata a final do amor de Antón Sobral.
18:30. Asociación de mulleres artistas. Asociación 85C. Con Marcia Vázquez, presidenta, Eva Comesaña,
vicepresidenta), Paula Herrero, secretaria) e Nuria Vilán, tesoreira.
19:30. Reclusa parda. Peza de danza. Con Eva Comesaña e Marcia Vázquez.

 

A Feira ten moita arte en 2018

A cita con culturgal 2023

Culturgal, un evento único que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra. Este ano a Feira das Culturas Galegas terá lugar do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura, onde os públicos poderán achegarse ás as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano.

Culturgal quere favorecer tamén o seu carácter como escenario de encontros entre profesionais e sectores, e de espazo para o nacemento e consolidación de proxectos. A Feira das Culturas Galegas busca reforzar os vínculos coas diferentes asociacións gremiais e promover a comunicación entre todos aqueles axentes e sectores que participan da actividade cultural.