Novas

Concursos de montaxe e iluminación e son Culturgal 2019

8 Outubro 2019

A organización da Feira 2019 (29 novembro-1 decembro) lanza as convocatorias para a montaxe da Culturgal e para o son e iluminación. A convocatoria de montaxe abrangue os traballos referidos a stands e mobiliario xeral no recinto feiral de Pontevedra así como a carpa exterior, anexa ao recinto. Podes consultar e descargar a convocatoria aquí: Concurso montaxe 2019.  A convocatoria de iluminación e son abrangue os traballos referidos a equipos técnicos de iluminación e son así como o persoal preciso para a atención dos diferentes escenarios e actividades. Pódese consultar e descargar aquí: Concurso Iluminación e son 2019. Ambas convocatorias rematan o 25 de outubro.

Para ofrecer toda a información ás empresas interesadas, poñemos ao seu dispor planos da Feira, manual do expositor e tipoloxías de stands na nosa páxina web www.cultur.gal. ou descarga directamente aqui:

PLANO-STANDS

plano_espazo_AC_culturgal_2019

TiposStands2019

ManualExpositor2019

Así mesmo para consultas e dúbidas, estamos operativos no correo propostas@culturgal.com para dar asistencia coa maior celeridade durante o prazo da convocatoria.

 

Concursos de montaxe e iluminación e son Culturgal 2019

A cita con culturgal 2023

Culturgal, un evento único que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra. Este ano a Feira das Culturas Galegas terá lugar do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura, onde os públicos poderán achegarse ás as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano.

Culturgal quere favorecer tamén o seu carácter como escenario de encontros entre profesionais e sectores, e de espazo para o nacemento e consolidación de proxectos. A Feira das Culturas Galegas busca reforzar os vínculos coas diferentes asociacións gremiais e promover a comunicación entre todos aqueles axentes e sectores que participan da actividade cultural.