Paseloqpase

Chámome Silvia e son a creadora da marca Paseloqpase. A marca de xoiería paseloqpase comeza a materializarse no ano 2012 tras formarme en variedade de cursos y finalizar os meus estudos en Belas Artes, para completar a formación no sector o que me quería adicar posteriormente me formo na Escola de xoiería Mestre Mateo.

Para crear as pezas todo comeza polo deseño da mesma, unha vez feito, comezo a experimentar con materiáis de diversa índole: obxetos reciclados, vidro, resina, tecidos, arcilla polimérica, metacrilato? hasta dar co resultado desexado.

Tras varios anos de adicación, a marca comeza a ter un nexo común, buscando sempre elaborar pezas atípicas, extravagantes e non convencionáis, huindo de toda moda imposta polas grandes industrias ou tendencias actuáis. Actualmente teño o taller en Ribadumia, calificado como Obradoiro de Artesanía de Galicia co número 920.

 

 

Stand
41
Paseloqpase

A cita con culturgal 2023

Culturgal, un evento único que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra. Este ano a Feira das Culturas Galegas terá lugar do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura, onde os públicos poderán achegarse ás as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano.

Culturgal quere favorecer tamén o seu carácter como escenario de encontros entre profesionais e sectores, e de espazo para o nacemento e consolidación de proxectos. A Feira das Culturas Galegas busca reforzar os vínculos coas diferentes asociacións gremiais e promover a comunicación entre todos aqueles axentes e sectores que participan da actividade cultural.